CRTVG

Buscar

Esténdese a campaña mundial de vacinación contra a covid

Publicado o 25/12/2020 13:47

Os contaxios por coronavirus seguen fóra de control en Alemaña que rexistrou máis de 25.000 novos casos na última xornada, sete mil menos que o día anterior.
Mentres, por todo o mundo os países que recibiron lotes de vacinas contra a covid comezaron as campañas de vacinación da poboación.Os contaxios por coronavirus seguen fóra de control en Alemaña que rexistrou máis de 25.000 novos casos na última xornada, sete mil menos que o día anterior.
Mentres, por todo o mundo os países que recibiron lotes de vacinas contra a covid comezaron as campañas de vacinación da poboación.Desde México a Chile, tódolos países iberoamericanos comezaron a vacinar á súa poboación contra o coronavirus.
O persoal sanitario é o primeiro en recibir a dose inicial do fármaco.
A campaña de vacinación irase estendendo a outros sectores sociais á medida que vaian chegando os antíxenos.
Desde México a Chile, tódolos países iberoamericanos comezaron a vacinar á súa poboación contra o coronavirus.
O persoal sanitario é o primeiro en recibir a dose inicial do fármaco.
A campaña de vacinación irase estendendo a outros sectores sociais á medida que vaian chegando os antíxenos."Comezamos xa un novo traxecto nesta pandemia, onde nos seguintes meses imos chegar a ter unha inmunidade colectiva, de grupo.""Comezamos xa un novo traxecto nesta pandemia, onde nos seguintes meses imos chegar a ter unha inmunidade colectiva, de grupo."Escenas parecidas repítense polo resto de países que recibiron os primeiros lotes de vacinas encargadas de frealo coronavirus.
A pandemia segue estendéndose por Alemaña que nas últimas 24 horas rexistrou máis de 25.000 casos novos e 412 falecidos.
Saxonia e Turinxia, no leste do país, son os estados cunha maior incidencia acumulada.
Rusia contabilizou 29.000 positivos na última xornada e achégase aos tres millóns de casos desde o inicio da pandemia.
Un de cada catro casos detectouse en Moscova, a capital e principal foco da infección no país.
Escenas parecidas repítense polo resto de países que recibiron os primeiros lotes de vacinas encargadas de frealo coronavirus.
A pandemia segue estendéndose por Alemaña que nas últimas 24 horas rexistrou máis de 25.000 casos novos e 412 falecidos.
Saxonia e Turinxia, no leste do país, son os estados cunha maior incidencia acumulada.
Rusia contabilizou 29.000 positivos na última xornada e achégase aos tres millóns de casos desde o inicio da pandemia.
Un de cada catro casos detectouse en Moscova, a capital e principal foco da infección no país.

Noticias web

25/12/2020