CRTVG

Buscar

A folga de Renfe en Galicia terá servizos dun 65% en horas punta en trens de media distancia

Publicado o 29/09/2021 21:34

A folga está convocada polo SEMAF, o sindicato que representa o 85 % dos maquinistas e axudantes ferroviarios. Este xoves é a primeira xornada pero non a única. Os maquinistas pararán tamén os días 1, 4, 5, 8, 9, 11 e 12 de outubro. O motivo da folga din no SEMAF é esixir o cumprimento do plan de emprego e dos acordos sobre o traspaso de competencias a Cataluña e reclamar a recuperación de todos os postos de traballo e servizos suprimidos non últimos meses debido á pandemia. Con respecto aos servizos mínimos en media distancia circularán un 65 % dos trens habituais e nos AVE e Longa Distancia un 72 %.  Os viaxeiros que teñan un billete para un dos trens suprimidos RENFE ofreceralles cando sexa posible viaxar noutro o máis próximo posible.

Noticias web

29/09/2021