CRTVG

Buscar

Este xoves comeza en Caldas de Reis a oitava edición do Portamérica

Publicado o 03/07/2019 14:08

A oitava edición do Portamérica arranca mañá, na Carballeira de Caldas de Reis. O festival prolongarase venres e sábado, e trae novidades, como a ampliación da zona gastronómica e a aposta pola sostibilidade.

Na Carballeira de Caldas de Reis están traballando arreo para que estea todo listo mañá. Con Rozalén, Carlos Sadness e outros artistas arranca o Portamérica, que durará xoves, venres e sábado.

A empresa organizadora do festival aposta este ano pola sostibilidade e a gastronomía.
A zona de acampada ábrese hoxe ás 5 da tarde para que os campistas desfruten ao máximo do cartel que achega este ano a organización.

Agora, tan só queda contar as horas para dar o pistoletazo de saída a esta oitava edición do Portamérica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019