Este xoves abre o prazo para a inscrición na OPE de ensino
Publicado o 11/03/2020 21:17

Os aspirantes ás oposicións de educación convocadas pola Xunta xa se poden inscribir a partir de mañá. En total son máis de 3.600 prazas repartidas en 90 especialidades diferentes. Son as de infantil ou primaria as que máis prazas concentran. Esta é a oferta de ensino máis alta desde 2007.