CRTVG

Buscar

Este xoves a electricidade pulveriza todos os rexistros ao chegar aos 288 euros o megawatt

Publicado o 06/10/2021 21:32

O prezo da luz vai de récord en récord. Pero mañá vai pulverizar e, por moito, todos os rexistros: achegarase aos 300 euros. Será de 288,53 euros o megawatt. Pero hai franxas horarias onde se van superar eses 300 euros: será entre as nove e as dez da noite.

Maña será a cuarta vez que a luz custará máis de 200 euros, un prezo que se superou por vez primeira o día 1 deste mes que empezou cos prezos disparados. E é que levamos 7 días de outubro e a electricidade xa marcou tres récords históricos. Estes prezos son os do mercado grosista e repercuten directamente na tarifa regulada, que é a que teñen case 11 millóns de consumidores en España e tamén serve de referencia para os outros 17 millóns que contratan a subministración de electricidade no mercado libre.

Noticias web

06/10/2021