CRTVG

Buscar

Este verán faleceron 16 persoas nas estradas galegas, unha menos que en 2019

Publicado o 04/09/2020 17:53
Este verán faleceron 16 persoas nas estradas galegas, unha menos que en 2019

Dezaseis persoas perderon a vida nas estradas galegas este verán. Os datos en Galicia do balance de sinistralidade presentado polo Ministerio do Interior reflicte unha vítima menos ca o verán pasado e trátase da cifra máis baixa desde o 2017.

O número de mortos nas nosas estradas descende con respecto ao ano pasado, unha tendencia á baixa que continúa desde o ano 2010 cando se rexistraron 33 vítimas mortais. Este verán 16 persoas faleceron en accidentes de tráfico en Galicia, a metade destes falecidos eran motoristas ou peóns. Das 16 vítimas, 14 perderon a vida en estradas convencionais e as outras 2 en autoestradas ou autovías.

As autoridades insisten en extremar as precaucións nas estradas, con consumo cero e evitando as distraccións ao volante, especialmente os teléfonos móbiles.

Noticias web

04/09/2020