Este verán crearanse 40.000 postos de traballo en Galicia
Publicado o 21/05/2019 14:35
Este verán Galicia baterá unha nova marca en materia de emprego. Unha coñecida empresa de recursos humanos prevé a creación de máis de 40.000 novos postos de traballo entre os meses de xuño e setembro, un 8% máis que o verán pasado.
O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, sinala o sector hoteleiro e o da restauración como principais motores deste incremento da empregabilidade.
As provincias galegas en que máis medrarán as contratacións son Pontevedra e A Coruña, cun incremento de máis do 9% respecto á temporada anterior, case tres puntos máis ca a media nacional.