CRTVG

Buscar

Este venres son os estudantes os que máis van sentir a folga en Renfe

Publicado o 01/10/2021 15:15

Neste venres na estación de Santiago non parecía venres, estaba demasiado tranquila. "Eu creo que hoxe hai menos". "A xente xa sabía que había folga entón dixo o mellor collo un bus ou algo", apuntan unhas rapazas.

Aos estudantes non lles queda outra que planificar doutro xeito a volta á casa. "Por culpa da folga non tiña a combinación de bus e tren e tiña que estar aquí agardando unha hora e media, entón pois cambiei a viaxe un pouco". "Tiven que suprimir unha clase para poder vir, poque se non non podía  volver". " Veño e vou todos os días da Coruña estudar aquí e sobre todo o de volta para a semana que vén, vai a haber algúns días que teña que collelo máis tarde ou agardar máis polo tren", laméntanse unhas estudantes

Porque a folga continúa. Se non hai cambios está convocada tamén para o 4 e 5, 7 e 8 e 11 e 12 de outubro coincidindo coa ponte do Pilar. A maioría dos estudantes xa o saben, por iso chegan á estación cos deberes feitos.

"Na web están marcados os trens que están dispoñibles e os que non". "Tiven que fixarme por Internet porque non quería vir aquí e que non tivese tren para irme", seguen contando.

Durante a mañá elimináronse 6 frecuencias, entre elas os rexionais de primeira hora que son os que usan os traballadores e tamén os que veñen de marcha a Santiago.

"A xente que veu de festa pois debeu ter que quedar por aí, non sei que faría", fala unha rapaza.

Noticias web

01/10/2021