CRTVG

Buscar

Este venres comeza a veda do polbo en Galicia

Publicado o 16/05/2019 20:36

A tripulación do Petón pesa os últimos polbos desta campaña. No porto de Ribeira, a maioría das embarcacacións recolleron xa hoxe as nasas. Juan Pego Patrón do Petón."A temporada foi baixa polo mal tempo porque pasamos moito tempo amarrados. Os prezos é o que lle dá a vida. Se non, xa non valía a pena ir ao mar" Rebeca Fernández. Xefa de Cancha na lonxa de Ribeira."Unha campaña boa en canto aos prezos, menos cantidade ca outros anos, temos este ano 360 toneladas".

A produción galega é pequena e non chega para abastecer a crecente demanda de polbo a nivel mundial. Así que os prezos seguirán subindo na próxima campaña. Jose Antonio Pérez Patrón maior de Ribeira " Si, a verdade é que aumentou moito máis a demanda. Xa se empezou a meter os Estados Unidos no mercado. Está a comprar. Está a coller auxe o polbo galego e sempre sobe máis. Tivemos a avantaxe tamén de que estivo moitos meses parada a frota de Marrocos e Mauritania".

As capturas de polbo retomaranse o un de xullo. Se lles gusta comelo, vaian facendo un peto porque o polbo galego seguirá sendo un produto de luxo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019