CRTVG

Buscar

Este serán o programa "Facendo as Américas" entrevista en exclusiva a Olegario Vázquez Raña

Publicado o 28/08/2021 14:40

Olegario Vázquez Raña non se prodiga nos medios. Hai moito que non concede entrevistas. O seu paso polo programa "Facendo as Américas" é unha ocasión única para achegarmos a un dos homes máis ricos de México, e con corazón galego. Olegario regresa cada ano a Avión, o pequeno concello de Ourense en que ten as súas raíces.

Vázquez Raña levantou un grupo de máis de 80 empresas, que abrague desde o sector turístico, ao sanitario, a comunicación ou a aeronáutica e dá traballo a máis de cen mil persoas.

Este home, comprometido coa obra social e que se declara moi feminista, non está falto de curiosidades na súa traxectoria persoal, como a súa afección ao tiro deportivo, unha disciplina coa que participou nos xogos olímpicos.

O programa "Facendo as Américas" dedicado Olegario Vázquez Raña emítese ás oito menos cinco deste serán.

Noticias web

28/08/2021