Este sábado saen á venda as entradas para a Rapa das Bestas
Publicado o 19/08/2021 21:02

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo vai poñer este sábado á venda as entradas para presenciar os curros do sábado 28 e do domingo 29.
Despois da obrigada cancelación do ano pasado a causa da pandemia, desde a organización sinalan que este ano a ocupación se verá reducida aproximadamente a un terzo do habitual, o que supón unhas 440 entradas.
Advirten, ademais, de que as entradas serán nominais e que o público deberá respectar as distancias de seguridade e levar a mascara durante todo o evento.