CRTVG

Buscar

Este sábado comeza na Coruña o campionato galego de rallys

Publicado o 28/05/2021 21:09

Mañá arranca o campionato galego de rallys. A primeira proba é o da Coruña Hoxe tiveron lugar as verificacións e a selección final de coches participantes. O rally acada xa os 25 anos. Hai 153 inscritos, entre eles os favoritos Iago Caamaño, Alberto Meira e Víctor Senra, vixente campión galego. Anotouse tamén o pai deste último, o incombustible Manolo Senra. Catro tramos que porán a proba os cambios introducidos polos pilotos nos coches con vistas a este campionato galego.
 

Noticias web

28/05/2021