CRTVG

Buscar

Este sábado chega o 5G a España, con moitas vantaxes para a medicina, o ensino e o comercio

Publicado o 14/06/2019 18:21

Mañá chega a tecnoloxía 5G a España, a quince cidades, entre elas A Coruña e Vigo. As súas vantaxes van máis alá dun incremento da velocidade de conexión. A medicina, o ensino e o comercio serán algúns dos sectores beneficiados con esta nova tecnoloxía. Estamos ante unha transformación tecnolóxica similar, aseguran expertos, á que se produciu coa chegada da telefonía móbil.

A chegada da 5G suporá a transformación dixital da sociedade e da economía, aínda que de momento só o poderá comprobar unha pequena parte da poboación. A 5G suporá multiplicar por dez a velocidade da 4G e tamén unha mellora na latencia. Isto representa o tempo de resposta a unha orde a través da Rede. E isto vai posibilitar a súa aplicación por exemplo á medicina.

Agora poderano facer sen as limitacións do retardo. Esta nova tecnoloxía tamén facilitará a aplicación dos coches autónomos. E algo máis do día a día. Mellorará a xestión do tráfico en estradas, cidades, portos e aeroporto. Fogares intelixentes, unha película en alta definición poderá descargarse en segundos. E tamén no ensino.

A telefonia móbil cambiounos a vida. Agora darémoslle outra volta coa chegada da 5G.




 

Noticias web

14/06/2019