Este mes de xuño comeza a temporada de festivais co Son do Camiño en Santiago
Publicado o 03/06/2019 09:03
Atendan especialmente agora porque marchamos de festival, máis ben de festivais, en plural, porque dentro duns días arranca todo un verán de citas musicais con maiúsculas en Galicia. O Son do Camiño é o primeiro imprescindible, pero non o único.
Para saber o que non podemos perder temos toda unha voz autorizada, Tito Lesende, xornalista musical e colaborador do Diario cultural da RG.