CRTVG

Buscar

Este mes de maio comezan a introducirse os cambios nos controis da ITV

Publicado o 10/04/2018 14:59

E a partir de maio haberá cambios nos controis da ITV. Todos os países da Unión Europea van ter que seguir unha mesma normativa.

O tema que creou máis expectación foi o do control das emisións de gases. Está previsto facer novos controis, máis estritos. Para reducir a contaminación, pero tamén para evitar a fraude e o engano. De todos xeitos este punto non entrará en vigor ata o vindeiro ano.

As principais modificacións, que si comezaremos a notar a partir, previsiblemente, de maio, están relacionadas coa periodicidade e a frecuencia de inspección.

O novo decreto establece medidas máis restritivas para controlar, por exemplo, as emisións de gases contaminantes. Afectaría vehículos matriculados máis aló do 2008. Isto supón a formación dos profesionais e a implementación de novos equipos.

Esta medida non entraría en vigor ata o vindeiro ano. E a partir de maio si notaremos outros cambios. Como o da frecuencia de inspección.

Tamén modificacións na periodicidade. Imos poder adiantar a data das revisións.

Na campaña anterior pasaron a inspección á primeira en Galicia case un 74% dos vehículos. E se teñen que volver á segunda van poder facelo en calquera ITV de Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2018