CRTVG

Buscar

Este mércores será soterrado o rapaz que caeu dun tellado en Punxín

Publicado o 30/04/2019 14:45

Este mércores será soterrado o rapaz que caeu dun tellado en Puxín.

A Garda Civil pecha o caso da morte do rapaz que caeu dende o tellado dunha nave como un accidente.

Foron os dous amigos que estaban con el os que avisaron o 112 contando que caera dende o tellado desta fábrica de escaiola, no municipio de Punxín, que xa non ten actividade cando estaban a brincar polas instalacións. Cedeu unha uralita do tellado e precipitouse ao baleiro dende unha altura de case 15 metros.

Entrou en estado crítico no CHUO onde faleceu onte.

Hoxe practicáronlle a autopsia e será soterrado mañá. Tiña 15 anos.

Noticias web

30/04/2019