CRTVG

Buscar

Este mércores pasan a disposición xudicial os once detidos na operación antidroga en Pontevedra

Publicado o 03/12/2019 19:31
Este mércores pasan a disposición xudicial os once detidos na operación antidroga en Pontevedra

Segundo o previsto, nos xulgados da Parda tamén comparecerán mañá os 11 detidos na operación antidroga desenvolvida no poboado do Vao e en varias localidades da provincia de Pontevedra. No operativo conxunto da Garda Civil e da Policía Nacional practicáronse rexistros nunha ducia de chabolas e en varios establecementos tanto na cidade de Pontevedra como na bisbarra do Salnés e arrestos en Vilagarcía, A Estrada e O Vao. Trátase dun duro golpe ao tráfico de drogas, sobre todo de heroína.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019