CRTVG

Buscar

Este mércores entra en vigor a nova lei para rehabilitar as vivendas das zonas históricas

Publicado o 21/05/2019 19:50

Mañá mércores entra en vigor a nova Lei de rehabilitación, coa que se pretenden impulsar a reforma das vivendas nas zonas históricas. O texto tamén axiliza, en último termo, a expropiación do inmoble nos casos en que o propietario non ofreza ningunha solución.

A nova lei pretende impulsar a rehabilitación de vivendas ofrecéndolles axudas aos propietarios ou favorecendo a súa venda. De non querer obrar nin aparecer comprador, a Xunta mesmo podería mercar o inmoble polo seu valor catastral. Pero o texto tamén recolle outra posibilidade para os casos máis graves.

Neste caso, a Administración sería a encargada de rehabilitar a vivenda, que pasaría a ser de titularidade pública.

A Lei de rehabilitación tamén simplifica permisos. Os concellos poden así conceder licenzas directas para reformas en cubertas, carpinterías exteriores ou fachadas sempre que se respecten os elementos protexidos.

Noticias web

21/05/2019