CRTVG

Buscar

Este mediodía remata a presentación das emendas parciais aos presupostos xerais do Estado para 2021

Publicado o 17/11/2020 08:54

Os prazos parlamentarios seguen contando e, unha vez rexeitadas as emendas á totalidade, ás dúas da tarde de hoxe remata a presentación de enmendas parciais aos presupostos xerais do Estado para 2021. As contas chegarán ao pleno do Congreso en duas semanas, a partir do 30 de novembro, e aí serán votadas sección a sección, ministerio a ministerio.

Pero antes, durante as vindeiras dúas semanas, será a Comisión de Presupostos a que valore que emendas van chegar á votación no hemiciclo. O Goberno deberá definir, xa que logo, os apoios que vai precisar para aprobar os seus presupostos.

Desde Galicia, o PsdeG pídelle ao Bloque que vote a favor das contas do Estado, pero os nacionalistas xa anunciaron a presentación dunha batería de emendas para tentar aumentar os cartos destinados á nosa comunidade polo menos ata os 1.000 millóns de euros. Escoitamos as opinións dos voceiros do PSOE o BNG e o PP en Galicia.

Noticias web

17/11/2020