CRTVG

Buscar

Este martes será a primeira xornada de vacinación de menores de 20 anos citados por SMS

Publicado o 16/08/2021 15:29

Mañá mesmo, o Sergas retoma a vacinación dos mozos galegos menores de 20 anos. Despois dunha primeira convocatoria por autocita, en que se vacinaron uns 25.000 rapaces, esta segunda convocatoria de xente nova vaise facer xa co método habitual: enviando unha mensaxe ao móviSerá na Cidade da Cultura e nos outros puntos de vacinación de Galicia, onde están convocados mozos de entre 16 e 20 anos citados polo sistema tradicional de SMS, non por autocita.

Así esta semana en Galicia tanto mañá martes como o venres serán dúas xornadas de vacinación masiva para o grupo de idade entre os 16 ata os 29, cun total de 56.320 persoas citadas para recibir a primeira dose nas sete áreas sanitarias. Tamén se vacinarán persoas con segundas doses e de repesca durante esta semana, polo que o Sergas preve vacinar un total de 114.791 galegos en catro días.


 

Noticias web

16/08/2021