CRTVG

Buscar

Este martes entra en vigor o Plan reitor das Illas Atlánticas, con novas limitacións de visitantes

Publicado o 18/02/2019 20:53

Este martes entrará en vigor o primeiro Plan Reitor de Uso e Xestión para o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Entre as novidades, establece un límite máximo de visitantes para todas as illas, tanto en tempada altas comana baixa. 

O límite diario para Ons, en tempada alta será de 1.300 persoas, 200 prazas para grupos e 300 de acampada. No caso das Cíes, que xa estaba limitado outros anos,  será de 1.800 visitantes, 200 de grupos e 600 campistas. Sálvora e Cortegada, manteñen a cota actual de grupos autorizados, ata 250 persoas, tamén en tempada baixa. Nese período, tanto nas Cíes como en Ons, o límite será de 450 persoas.

Tras o visto e prace do Consello da Xunta e a súa publicación no DOGA, o PRUX, cun investimento de 2,6 millóns de euros anuais, entrará en vigor mañá para, durante a próxima década, regular usos e garantir maior protección e conservación. Segundo Medio Ambiente, é un paso fundamental para a candidatura do parque nacional a ser declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

 

 

Noticias web

18/02/2019