CRTVG

Buscar

Chega a nova lei do pan que regula a calidade do produto e a súa comercialización

Publicado o 01/07/2019 08:49

Este luns entra en vigor a nova norma do pan que regula a calidade do produto e a súa comercialización. Entre os efectos máis salientables está a venda de máis tipos de pan co IVE superreducido. Tamén establece un límite máximo de contido en sal e redefine conceptos como artesán, integral ou de masa madre.

A compra de pan baixou un 2% segundo o último informe elaborado polo Ministerio de Agricultura. Porén, Galicia segue a liderar o consumo per cápita deste produto, superando a media estatal nun 30 por cento. De feito, hoxe en día, os fornos artesáns viven un rexurdimento grazas, en parte, á evolución tecnolóxica.

A norma que entra en vigor este luns pretende poñer orde a todos estes avances e aplicar un pouco de transparencia, sobre todo, para a clientela.

Precisa o termo masa madre ou inegral e amplía a definición de pan común, o que permite aplicar o IVE do 4% a un maior número de produtos. Coa lei actual, que data do ano 84, os que non levan fariña de trigo grávanse cun 10%. Tamén establece un límite máximo de contido en sal do 1,31%. Iso si, este punto non será obrigatorio ata o 2022.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019