CRTVG

Buscar

Este luns é o último día para presentar a declaración da renda

Publicado o 30/06/2019 21:10

Lembren que o luns 1 de xullo é o último día para presentar a declaración da renda.
Aínda se poderá acudir a unha oficina da Axencia Tributaria, pero só se xa se ten a cita previa pedida. O último día para solicitala foi o venres pasado. Mañá tamén se poderán facer consultas telefónicas e elaborar a declaración por teléfono ou Internet, pero sempre e cando sexa a devolver ou de ser a ingresar non se domicilie o pagamento. Remata así unha campaña que comezaba o 1 de abril.

Noticias web

30/06/2019