CRTVG

Buscar

Este luns constitúese o Comité Educativo da Xunta de Galicia

Publicado o 20/09/2020 14:52

Contará con 35 membros e será o máximo órgano asesor da Xunta de Galicia no eido docente ante a pandemia de coronavirus. Traballará de xeito coordinado co Comité Clínico e centrará a súa actividade, exclusivamente, nos aspectos relativos á adaptación do sistema educativo á situación de pandemia.

A súa función será identificar medidas organizativas e de xestión que favorezan o ensino inclusivo e de calidade nos distintos escenarios epidemiolóxicos.

Esta semana estarán xa traballando nos centros a meirande parte dos preto de 2.000 docentes contratados a maiores, e o resto, segundo a consellería de Educación, incorporaranse neste primeiro trimestre.

Noticias web

20/09/2020