CRTVG

Buscar

Este foi o verán con menos vítimas mortais de toda a historia nas estradas españolas

Publicado o 03/09/2020 20:15

O verán pechou nas estradas interurbanas con 202 falecidos en 185 accidentes de tráfico, 13 menos que no 2019. O ministro do Interior e o director xeral de Tráfico presentaron o balance dun verán atípico cun menor número de desprazamentos debido á pandemia, en concreto un 9,18 por cento menos que en xullo e agosto do ano anterior. O número de persoas que perderon a vida nas estradas é o máis baixo da historia

No verán da covid-19 producíronse un total de 8,4 millóns de viaxes menos que o anterior. O ministro do Interior destacou que o colectivo dos mozos foi o único en que aumentaron as mortes por accidentes de tráfico.

No que vai de ano as estradas españolas suman 543 vítimas mortais.
 

Noticias web

03/09/2020