CRTVG

Buscar

Un enfermeiro coruñés foi tratado cun medicamento deseñado contra o ébola

Publicado o 11/05/2020 14:23

Fernando empezou con síntomas o Xoves Santo. Contaxiouno a súa muller, que traballa nun centro de discapacitados da Coruña onde houbo varios positivos. Ela seguiu asintomática, pero Fernando, diabético, tivo que ser ingresado unha semana despois no hospital porque o coronavirus lle descompensou esa patoloxía de base. Para os escépticos, asegura que non é unha gripe común e que o proceso é longo e duro.

A Fernando incluírono nun ensaio mundial para testar a eficacia do antiviral Remdesivir fronte ao coronavirus. Foi un dos 3.000 pacientes que o recibiu.

Pero, sen dúbida, o mellor tratamento teno agora, na casa e coa familia.

Con todo, a loxística doméstica é complicada aínda polas medidas de illamento e hixiene extremas que deben seguir porque á sua muller aínda non lle repetiron a proba.

Ademais do apoio familiar, Fernando agradece a axuda que tiveron durante a súa convalecencia. Desde unha veciña que traballa nun supermercado e lles facía a compra a outros que lles deixaban detalles para a pequena na porta da casa.

Noticias web

11/05/2020