CRTVG

Buscar

Consulta aquí as notas de corte das titulacións universitarias en Galicia

Publicado o 11/08/2020 19:09

Unha vez publicada a primeira lista de admitidos no sistema universitario galego, os futuros estudantes xa poden facerse unha idea de como van quedar as notas de corte das titulacións nas universidades galegas. Malia que é probable que esas cifras varíen conforme vaian saíndo as próximas listas, isto xa lles permite ter unha primeira orientación.

Encabezan a lista tres dobres graos. Trátase da Simultaneidade de Graos de Matemáticas e Fisíca, cun 13,691; a Simultaneidade dos Graos de Enxeñaría Informática e Matemáticas, que se sitúa por agora nun 13,479; e a Simultaneidade dos Graos de Química e Física, cun 13,125. Todas elas na Universidade de Santiago de Compostela.

Medicina ocupa o cuarto posto cunha nota lixeiramente por riba do 13. Outras carreiras que se coan nos primeiros postos son: Biotecnoloxía, Odontoloxía, Enfermaría ou Matemáticas.

E cales teñen as notas de corte máis baixas? Consúltao no seguinte gráfico: