CRTVG

Buscar

Do hospital ao escenario: a historia dun vocalista da Garufa Blue Devils Big Band

Publicado o 20/08/2021 14:53

Gabriel e as técnicas de radioterapia preparan o equipo para a seguinte sesión. Os pacientes que tratan teñen tumores situados nalgún punto da cabeza ou do colo. A radiación que se lles administre ten que ser o máis precisa posible

"Tratar de ser moi agresivos contra o que non queremos que estea, neste caso o tumor, pero ao mesmo tempo hai que ser todo o que podamos de protectivos respecto dos órganos que están moi cerca dese tumor pero que non queremos lastimar", explica o doutor Gabriel Triana, médico especialista en radioterapia que traballa no Hospital Oncolóxico da Coruña. 

Fóra da sala de radioterapia, Gabriel cumpre con outra tarefa dentro da consulta. Alí é onde se reúne con pacientes e familias tentando servirlles de soporte emocional.

"Mesmo cando as cousas van mal, sabendo que ti estás ao seu carón, parece que as cousas van o mellor que se pode moitas veces", explica Gabriel. "O reflexo diso é esta especie de mural a base de escritos de pacientes que me mandan saúde e cariño, agradecéndome a humanidade. Gústame telos aquí porque os vexo todas as mañás e é un estímulo máis para andar adiante".

Gabriel agocha un segredo, para continuar avanzando, ten outro estímulo: a música. Empezou nisto por casualidade. Cando tiña 41 anos decidiu ir a clase de canto na Escola Municipal de Música da Coruña e un bo día, relata: "Saíndo da escola pois vin un letreiro que dicía: 'Buscamos un cantante de estandars, somos un grupo de jazz afeccionado' e alá fun, chamei e quedamos un día".

Así foi como acabou diante dun microfono como vocalista dun grupo profesional, a Garufa Blue Devils Big Band. Son 19 músicos e catro vocalistas. Di Gabriel que calquera custo psicolóxico que ten o seu oficio desaparece cando empeza a música. 

Noticias web

20/08/2021