CRTVG

Buscar

Este domingo o calendario agasállanos cunha data capicúa: 02/02/2020

Publicado o 02/02/2020 11:11

Hai moitas persoas ás que lles encanta xogar cos números, por xogar. Pois hoxe teñen un motivo máis para saciar a súa curiosidade numérica. O calendario ofrece unha data que, ademais de irrepetible, coma todas, é capicúa.

Trátase dunha curiosidade numérica que se repite con certa frecuencia, pero se ten ganas de enredar algo máis nestes números, pode probar a ler matrículas de coches, números de teléfono, paralelos e latitudes ou mesmo mesturar todo isto con horarios.

Así, por exemplo, verá que esta información se publicou ás 11:11:11 do 02/02/2020.

Noticias web

02/02/2020