CRTVG

Buscar

Un camioneiro pide auxilio e acaba detido

Publicado o 02/04/2020 14:20

Un camioneiro ao que a Garda Civil intentou prestar auxilio acabou detido por cometer un delito de falsidade documental. Sucedeu na Coruña.

Antes de chegar a un punto de control que os axentes montaran na estrada DP-3006, o transportista parou o camión porque dixo que tiña unha avaría. O seu estado de nerviosismo foi o que os alertou. Cando accederon ao motor, para tentar axudalo, descubriron que tiña instalado un dispositivo que inutiliza o sinal do tacógrafo, para anular datos como a velocidade, a distancia ou os tempos de descanso. Xa pasou a disposición xudicial.

Noticias web

02/04/2020