CRTVG

Buscar

Este ano abriranse outras 30 casas niño no rural galego

Publicado o 11/01/2017 21:05

Actualmente hai casas niño en 27 municipios. O seu obxectivo é favorecer a conciliación e o asentamento de poboación no rural

Trinta novos concellos do rural galego, de menos de 5.000 habitantes, contarán este ano con casas niño. Son vivendas particulares acondicionadas para atender nenos menores de tres anos mentres os pais traballan. Actualmente hai casas niño en 27 municipios, coma este de Manzaneda. O seu obxectivo é favorecer a conciliación e o asentamento de poboación no rural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017