CRTVG

Buscar

Estas son as recomendacións da Xunta nos centros de traballo

Publicado o 13/04/2020 21:23

Se tes febre ou síntomas respiratorios, queda na casa. O mesmo se tiveches un contacto estreito cun contaxiado. Para ir ao traballo, aconséllase ir andando, en moto, en bici, ou en coche, sempre que viaxes só. Se tes que empregar o transporte colectivo, usa máscara.

No caso de que non se poida manter a distancia de seguridade de entre 1 e 2 metros, tamén habería que usar máscara. 

Outras medidas que podes adoptar son: lavar as mans e extremar a hixiene, non compartir comida nin útiles de traballo ou lavar a roupa de traballo con auga quente.