CRTVG

Buscar

Estas foron as operacións antidroga desenvolvidas durante o confinamento

Publicado o 27/04/2020 15:27

O pasado 28 de marzo, a policía incautábase de máis de tres toneladas de cocaína na ría de Arousa, preto de 150 fardos que estaban repartidos en dúas planadoras. A coñecida como operación Lince motivou a detención de sete persoas dunha organización con base na Guarda.

Durante este tempo do estado de alarma, a Garda Civil interveu en diversas localidades galegas localizando e desartellando puntos de venda de drogas. A operación Covimur deixou estas imaxes en Muros ou outras similares en Vigo.

Fóra de Galicia estanse a levar a cabo este tipo de actuacións de loita contra a droga, tamén co fin de evitar posibles focos de contaxio do coronavirus.

Noticias web

27/04/2020