CRTVG

Buscar

Os autónomos que traballan o domingo piden librar dunha mesa electoral

Publicado o 23/05/2019 20:54

Estar de baixa, ter persoas ao cargo dun, ter unha voda, unha viaxe programada... Hai moitas circunstancias que poden ser eximente para non formar parte dunha mesa electoral. E cada vez máis autónomos reclaman tamén que ter que traballar o domingo sexa incluído como eximente. Para moitos, pechar o día das eleccións suporá unha gran perda económica.

José Mariño rexenta unha das bocaterías máis coñecidas da Pobra do Caramiñal. O 70% dos seus ingresos fainos en fin de semana. Pero este domingo terá que pechar. José está convocado para unha mesa electoral.

En realidade a lei non é tan ríxida. Cada Xunta Electoral ten certa liberdade para valorar cada caso e decidir que persoas poden quedar exentas de formar parte das mesas. De feito, moitas xuntas liberan as persoas que traballan en domingo sempre que o xustifiquen.

En todo caso, se foi convocado para unha mesa, o mellor é que non falte. Se non se presenta, pode arriscarse a un ano de cárcere e unha multa importante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019