Estafan máis de 9 millóns de euros ao grupo farmacéutico Zendal empregando a técnica do 'phising'
Publicado o 02/12/2020 14:25

Estafan máis de 9 millóns de euros ao grupo farmacéutico Zendal, con sede no Porriño. O delincuente empregou a técnica denominada phising.
Suplantaron o correo electrónico do xefe da empresa e ordenaron 20 transferencias. O responsable financeiro recibiu un correo en que supostamente o xefe da empresa o avisaba de que ían establecer contactos cunha compañía dun país asiático e que tiñan que transferirlles cartos.
O asunto estaba relacionado presuntamente coa fabricación dunha vacina contra a COVID−19. O executivo ingresou ese mesmo día 400.000 euros.