Estafa en Padrón: chaman en nome do Concello para desinfectar casas e roubar nelas
Publicado o 06/11/2020 13:40
A Policía Local de Padrón efectuou unha alerta á veciñanza sobre un tipo de estafa que -segundo a chamada de alerta- se está a producir en concellos limítrofes.
Os presuntos estafadores chamarían en nome do Concello anunciando a limpeza e desinfección da vivenda, co obxectivo de que os moradores saian e así roubar na casa.
A alerta conclúe indicando que quen reciba unha chamada así non faga caso do que lle din e que os avise para poder investigar.