CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos superan os 23 millóns de contaxios

Publicado o 14/01/2021 09:26
Os Estados Unidos superan os 23 millóns de contaxios

Os Estados Unidos superaron este mércores os 23 millóns de contaxios por coronavirus e máis de 380 mil falecidos.

Na última semana, rexistráronse en todo o país 3.300 mortes diarias, e o martes, 4.327, o maior número de falecidos nun só día desde o inicio da pandemia.

Nova York, Texas, California e Florida, os estados máis poboados, son os que rexistran maior número de casos e falecidos.

As cifras no conxunto dos Estados Unidos superan amplamente as previsións iniciais da Casa Branca sobre a letalidade e capacidade infecciosa do virus.

Noticias web

14/01/2021