CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos superan os 200.000 mortos por coronavirus

Publicado o 23/09/2020 09:11

Os Estados Unidos seguen á cabeza en número de vítimas mortais por coronavirus. Superan xa os 200.000 falecidos, unha cifra que se recorda con bandeiras no Monumento a Washington fronte á Casa Branca. Desde abril, non baixa dos vinte mil contaxios diarios e o total achégase xa aos sete millóns. Lonxe de asumir a realidade, o presidente Trump nega que sexa tan grave e insiste en que a súa administración está facendo un "traballo fenomenal" na loita contra a covid−19.


 

Noticias web

23/09/2020