CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos mantén os aranceis a España e sóbellos a Francia e Alemaña

Publicado o 13/08/2020 14:36
Os Estados Unidos mantén os aranceis a España e sóbellos a Francia e Alemaña

Os Estados Unidos mantén os aranceis aos produtos españois e sóbeos en Francia e Alemaña.

As taxas, por valor de 7.500 millóns de dólares anuais, afectan principalmente aos produtos agroalimentarios; en especial ao sector do viño e do aceite que teñen nos Estados Unidos un mercado estratéxico.

O Goberno central lamentou esta decisión e avanzou que están a a traballar para reverter esta situación nas relacións comerciais con Washington.

As taxas comezaron a implementarse no 2019 como represalia polas axudas concedidas pola Unión Europea á compañía aeronáutica Airbus en detrimento da estadounidense Boing.

Noticias web

13/08/2020