CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos empezan a distribuír a vacina

Publicado o 14/12/2020 14:43
Os Estados Unidos empezan a distribuír a vacina

No país do mundo onde se contan máis mortos por covid, nos Estados Unidos, hoxe comezan a administrarse as primeiras vacinas.

As primeiras doses xa saíron das instalacións que a farmacéutica Pfizer ten en Michigan. Durante esta xornada está previsto que se administren case tres millóns de vacinas en 600 puntos repartidos por todo o país.

Ao Canadá tamén chegaron, por avión, as primeiras 30.000 vacinas dos vinte millóns de doses que o Goberno lle mercou a Pfizer.

Noticias web

14/12/2020