CRTVG

Buscar

Estados Unidos anuncia un acordo para poñerlle fin á guerra comercial coa China

Publicado o 11/10/2019 22:58
Estados Unidos anuncia un acordo para poñerlle fin á guerra comercial coa China

Estados Unidos suspendeu hoxe o seu plan de subir do 25 ao 30% os aranceis a importacións chinesas por valor de 250.000 millóns de dólares, despois de alcanzar un acordo parcial co xigante asiático, que se poderían asinar durante o cumio da APEC en novembro en Chile.

O secretario do Tesouro dos EUA, Steven Mnuchin, confirmou que non se producirá esa subida que ía entrar en vigor o vindeiro martes, pouco despois de que o presidente estadounidense, Donald Trump, anunciase que alcanzara un acordo parcial coa China para poñerlle fin á guerra comercial

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí