Polo menos 60 persoas morreron no atentado da mesquita xiíta de Kandahar
Publicado o 16/10/2021 14:23

A mesquita Imam-Bargah
O grupo xihadista Estado Islámico proclamou a autoría do atentado contra a minoría xiíta no sur de Afganistán e no que faleceron polo menos 60 persoas e outras 80 quedaron feridas.
O atentado perpetrouse na maior mesquita xiíta na cidade de Kandahar, onde centos de fieis se amoreaban polas oracións do venres. No atentado participaron tres atacantes suicidas.A propia comunidade xiía tiña o control de seguridade na mesquita, o que non foi suficiente para evitar o masacre.
O ataque produciuse unha semana despois de que o Estado Islámico perpetrara un atentado suicida contra outra mesquita xiíta na cidade de Kunduz, no que faleceron máis de 80 persoas.