CRTVG

Buscar

Venecia, en estado de emerxencia tras sufrir a segunda 'acqua alta' máis grave da historia

Publicado o 15/11/2019 08:22

Italia declara o estado de emerxencia en Venecia tras sufrir a segunda acqua alta máis grave da historia.

A Serenísima volveu amencer anegada, ao alcanzar a marea un metro e 20 centímetros. Aínda así, quedou lonxe do metro 87 centímetros ao que chegou a noite do martes ao mércores. Un altura que só se superou en 1966. Daquela a marea alcanzara o metro 94 centímetros.

A previsión apunta que a acqua alta seguirá aínda uns días. Por diante queda avaliar as perdas, pero é evidente que serán moi elevadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019