CRTVG

Buscar

Estabilízase a situación en Lugo: só o 5 por cento das PCR saen positivas

Publicado o 22/09/2020 14:59

A situación epidemiolóxica de Lugo estabilízase. A porcentaxe de PCR positivas descende ata o 5 por cento, o indicador en que a OMS sitúa o control dos gromos.

"Estamos nesa tendencia do 5 por cento. É un bo indicador, pero aínda así temos que baixar a porcentaxe ata o 3 por cento", explica Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña.

Aínda así, as autoridades sanitarias din que non se pode baixar a garda. Apelan á responsabilidade individual e ao cumprimento das medidas sanitarias, sobre todo das corentenas por parte dos contaxiados.

"Se se detecta que non se cumpren, ten o risco de ser multado cunhas cantidades importantes reguladas nos protocolos de actuación", engade Ares.

Esta infracción está penada con multas que van dende os 3.000 aos 15.000 euros.

Noticias web

22/09/2020