CRTVG

Buscar

Estabilízanse os casos na provincia de Lugo, agás na capital

Publicado o 03/08/2021 14:51

A provincia de Lugo entra no pico desta quinta vaga da pandemia. Nas últimas horas rexistrouse un leve descenso nos casos activos, hai 2.231 persoas coa enfermidade. Os contaxios comezan a estabilizarse excepto na capital.

"A porcentaxe de positivos vai mellorando pero seguimos diagnosticando bastantes casos diariamente", Rafael Monte, director asistencial do HULA.

En só unha semana notificáronse na cidade máis de 350 contaxios. A capital é o único concello da provincia onde os contaxios seguen superando as altas.

A taxa de positividade por PCR segue a ser alta, está por riba do 10 por cento. A provincia podería entrar en fase de meseta a finais de semana.

Noticias web

03/08/2021