CRTVG

Buscar

Estabilizan o incendio de Rois tras calcinar 20 hectáreas

Publicado o 01/09/2021 09:36
Estabilizan o incendio de Rois tras calcinar 20 hectáreas

O incendio forestal declarado onte no concello coruñés de Rois foi estabilizado tras queimar unhas 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións, informa este mércores a Consellería do Medio Rural. O lume comezou na parroquia de Leroño ás 17:41 horas de onte e foi estabilizado ás 22:40 horas. No seu control participaron tres técnicos, nove axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, tres pas, catro avións e cinco helicópteros.

Noticias web

01/09/2021