CRTVG

Buscar

Estabilizado un incendio en Verín próximo á A-52 que afecta a seis hectáreas

Publicado o 01/07/2020 22:08
Estabilizado un incendio en Verín próximo á A-52 que afecta a seis hectáreas

Efectivos de extinción traballan a esta hora para tentar sufocar un incendio forestal rexistrado no municipio de Verín, en Ourense, que quedou estabilizado pasadas as 21:00 horas. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, o lume afecta á parroquia de Ábedes e orixinouse sobre as 17:32 horas. A estimación inicial da Xunta indica que o lume afecta a unhas seis hectáreas e está preto da A-52, aínda que de momento non existe perigo e evoluciona "favorablemente".