CRTVG

Buscar

Estabilizado un incendio en Navia de Suarna que afecta unhas 20 hectáreas

Publicado o 07/04/2021 20:38
Estabilizado un incendio en Navia de Suarna que afecta unhas 20 hectáreas

Os efectivos de loita contra o lume lograron estabilizar un incendio forestal rexistrado no municipio de Navia de Suarna. En concreto, segundo a información trasladada pola Consellería do Medio Rural, o lume orixinouse na parroquia de Queizán, sobre as 16.16 horas. No lugar permanecen traballando diversos técnicos e axentes, con apoio aéreo, e as estimacións iniciais apuntan a unha superficie afectada dunhas 20 hectáreas.