Estabilizado o incendio en Gran Canaria e prisión provisional para o presunto autor
Os habitantes de Tejeda, en Gran Canaria, volven ás súas casas. O incendio está estabilizado despois de catro días de lume na zona e as autoridades acaban de confirmar a detención do seu presunto autor. Á noite saltaban de novo as alarmas na illa por mor doutro incendio en Cazadores, onde tamén houbo que desaloxar a poboación.
Regresan os habitantes ás rúas de Tejeda. Terán agora que avaliar os danos causados polo lume. Ao tempo a titular do xulgado número dous de Arucas acaba de decretar prisión provisional eludible con fianza para o presunto culpable do incendio. Un lume que xa está estabilizado e que se agarda que mañá quede controlado.
En plena preocupación polo incendio en Tejeda, e despois de tres días de traballo, Telde, no leste da illa, sufriu outro lume. Provocado, e con 50 hectáreas queimadas, tamén fixo durmir fóra das súas casas 25 veciños da zona.
Cuarto día de incendios nas Canarias, o primeiro de novas esperanzadoras.