CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio do Parque Nacional do Teide

Publicado o 16/05/2019 16:14

Os bombeiros lograron estabilizar esta noite o incendio que se declarou no Parque Nacional do Teide. O lume viuse favorecido polo vento e pola vexetación da zona e afectou unhas 20 hectáreas.

A baixada das temperaturas e a menor forza do vento nestas últimas horas favoreceu o traballo dos bombeiros. Durante toda a noite, máis de 100 persoas participaron nos labores de extinción, aos que se sumaran 72 membros da Unidade Militar de Emerxencias. Máquinas do exército puideron chegar á zona máis conflitiva do incendio, o que lles permitiu aos efectivos atacar desde alí o lume.

Pero a pesar das dificultades, preto das tres da mañá logrouse estabilizar o incendio, que afectou unhas 20 hectáreas da zona norte do Parque Nacional do Teide, dentro do municipio de La Oratava.

Xa coa chegada do día, os militares abandonaron a zona e varios helicópteros do Goberno das Canarias sumáronse aos traballos para pode extinguir por completo o lume, que se orixinara onte a primeira hora da tarde e que se vira favorecido polos fortes refachos de vento e pola vexetación da zona.






 

Noticias web

16/05/2019